Sufraxio censitario
Por sufraxio censitario (ou restrinximiento) denomínase calquera sistema electoral que establece como requisito o dereito a elección activa dos cidadáns que cumpran determinados requisitos que afectan a súa condición moral. Estes xeralmente son económicos (como a posesión dun determinado nivel de rendas ou oficio) ou relacionados co nivel de instrución (ler e escribir) ou social (pertenza a determinado grupo social) ou estado civil (casado). Pódese dar o caso de que reunindo determinadas características se dispoña de dereito a máis dun voto. O contrario é o sufraxio universal que non establece condicións salvo maioría de idade e cidadanía.
O sexo masculino foi a única restrición ata logo da segunda guerra mundial en Europa, aínda que en países de ampla tradición democrática, como Suíza, o dereito universal de voto para ambos os sexos non se obtivo ata o ano 1970[Cómpre referencia].
O sufraxio censitario é a primeira norma que se establece para cualificar os electores e elixidos. As revolucións norteamericanas, francesas e a independencia de Suramérica foron as primeiras en establecer os devanditos mecanismos[Cómpre referencia]. No caso de Suramérica o sufraxio censitario existiu na maioría dos países ata a década de 1910 cando se estableceu como único requisito ler e escribir, co cal duplicouse o corpo de electores.